Configuración da pantalla
As imaxes que se mostran neste sistema poden diferir con respecto ás reais.
Prema [Settings] > [Display] na pantalla de inicio. Aparecerá a pantalla de configuración da pantalla.
Iluminación
Axusta o brillo da pantalla
- Na pantalla de configuración da pantalla, prema [Illumination (Front)]/[Illumination (Rear)].
|
|
- Axusta o brillo da pantalla LCD.
- [Auto-adjust brightness]: establece o brillo da pantalla para axustalo automaticamente ou permite fixalo á man para que se manteña un nivel de brillo constante.
,Nota |
A visibilidade podería verse afectada ao axustar o brillo da pantalla a escuro nun ambiente luminoso. |
Filtro de luz azul
Reduce a sobreexposición da vista ao limitar a cantidade de luz azul emitida cando o brillo exterior é baixo.
- Na pantalla de configuración da pantalla, prema [Blue light filter].
|
- Prema o elemento desexado.
- [Blue light filter]: activa o filtro de luz azul.
- [Automatic]: activa o filtro de luz azul segundo o brillo que haxa no ambiente.
- [Scheduled time]: activa o filtro de luz azul segundo a hora programada polo usuario.
- [Set time]: configura a hora de activación do filtro de luz azul.
Axuste da cor do vídeo
Durante a reprodución dun vídeo, pode axustar o brillo/contraste/saturación.
- Mentres se reproduce un vídeo, prema [Adjust video colour] na pantalla de configuración da pantalla.
|
- Axuste os elementos desexados.
,Nota |
Prema [Centre] para restablecer a configuración dos axustes. |
Relación de aspecto
Pode seleccionar o tamaño da pantalla desexado para aumentar a sensación de realismo.
- Na pantalla de configuración da pantalla, prema [Aspect ratio].
|
- Prema no modo desexado.
- [Normal view]: mostra a pantalla con distribución 4:3 con cadansúa barra negra nos laterais.
- [Full screen display]: mostra a pantalla completa.
Activar/Desactivar monitor traseiro (se tiver)
Activa ou desactiva o monitor traseiro.
- Na pantalla de configuración da pantalla, prema [Rear Display On/Off].
|
- Prema [Turn On] ou [Turn Off].
Mantemento da reprodución multimedia cando o vehículo está apagado
A pantalla do sistema de entretemento e información seguirá conectada despois de apagar o vehículo. Para apagar o sistema, abra a porta do vehículo.
Na pantalla de configuración da pantalla, active ou desactive [Maintain media playback when vehicle is turned Off].
|