Proxección do teléfono

Instrucións de Android Auto/Apple CarPlay

Esta función axúdalle a usar o seu smartphone de forma segura e doada mentres conduce. Algunhas funcións do smartphone pódense usar no sistema multimedia (navegación, teléfono móbil, música etc.).

Ao conectarse a Android Auto ou Apple CarPlay, na pantalla visualízase Android Auto ou Apple CarPlay.

As funcións e métodos de funcionamento compatibles poden variar segundo o modelo.

Para obter máis información, consulte o sitio web que corresponda.

Precaucións

  • Android Auto é unha marca rexistrada de Google Inc.

  • Apple CarPlay é unha marca rexistrada de Apple Inc.

  • Para usar Android Auto ou Apple CarPlay, use o sistema operativo Android ou iOS máis recente. Se non emprega a versión máis recente, pode que o seu teléfono non se detecte ou funcione con dificultade.

  • Se a batería do teléfono está baixa, pode que o dispositivo non se detecte. Recomendamos cargalo antes de usalo.

  • Se o teléfono non funciona por un problema propio, reinícieo.

  • Conectar e desconectar un cable USB moitas veces seguidas pode facer que o teléfono móbil ou o dispositivo non funcionen axeitadamente.

  • O tempo que tarda en recoñecer o dispositivo pode variar segundo o tipo de teléfono móbil, firmware e versión de sistema operativo Android ou iOS.

  • Empregue un cable orixinal, xa que os cables non-orixinais poden xerar ruídos ou mal funcionamento.

  • Se usa o teléfono móbil de xeito aleatorio mentres Android Auto ou Apple CarPlay están habilitados, pode que non funcione correctamente.

  • Ao conectarse a Apple CarPlay durante unha chamada por Bluetooth cun iPhone, cámbiase a Apple CarPlay Call (sempre e cando se trate do mesmo iPhone).

  • Se ten problemas co teléfono móbil, pode que Android Auto ou Apple CarPlay non funcionen correctamente.

  • Ao usar Android Auto ou Apple CarPlay, é posible que se lle apliquen cargos por uso do servizo.

  • Se o teléfono móbil non funciona correctamente, pode que encontre algún dos seguintes problemas.

    Android Auto

    • Ao acceder a Android Auto, se cadra aparece unha pantalla negra intermitente

    • Pode que o sistema non sexa quen de distinguir os teléfonos móbiles compatibles con Android Auto daqueles que non o son

    • Algunhas áreas da pantalla amósanse en negro debido a un erro da aplicación

    Apple CarPlay

    • Ao acceder a Apple CarPlay, se cadra aparece unha pantalla negra intermitente

    • Ao cambiar dunhas pantallas a outras en Apple CarPlay, a pantalla amósase en negro

    • Dependendo do estado dun teléfono móbil conectado, pode que non sexa posible axustar o volume do son

    • Se desconecta Apple CarPlay durante unha chamada de Apple CarPlay, non poderá escoitar a chamada no teléfono móbil

Se non funciona despois dunha conexión efectuada con normalidade, comprobe o seu teléfono e, se é necesario, reinícieo e volva conectalo.

Referencia. Android Auto

  • Cando Android Auto está conectado, o audio por Bluetooth non está dispoñible. Se o dispositivo está conectado ao sistema cun cable USB e vostede quere usar o audio por Bluetooth, en primeiro lugar, desconecte o cable. Se o dispositivo está conectado sen fíos, desactive a conexión sen fíos na pantalla de conexións do teléfono do sistema.

  • Android Auto non é compatible coa busca de ficheiros mediante a roda TUNE situada no cadro de mandos do asento dianteiro.

  • Se Android Auto non funciona correctamente despois da conexión, consulte as seguintes posibilidades.

    • Comprobe se hai algún erro na configuración da aplicación do seu teléfono móbil.

    • Comprobe se o seu teléfono móbil está a executar Android Auto.

    • Entre en Phone connections > Phone projection settings > Android Auto e comprobe que o dispositivo está rexistrado correctamente.

  • Se Android Auto non funciona correctamente despois da reconexión, consulte o sitio web de Android Auto. (https://www.android.com/auto/)

  • Se o seu teléfono móbil non está conectado a Internet, pode que Android Auto non funcione correctamente.

  • Visite os seguintes sitios web para consultar os países nos que está dispoñible Android Auto. (https://www.android.com/auto/)

  • Despois de comprobar os países nos que está dispoñible Android Auto, descargue a aplicación e utilícea.

  • Ao visualizar a pantalla que fornece o teléfono móbil no sistema de entretemento e información, a pantalla e a función poden cambiar segundo a política de Google.

  • Para obter máis información, consulte o sitio web de Google. (http://support.google.com/androidauto/)

Referencia. Apple CarPlay

  • Cando Apple CarPlay está conectado, a función do Bluetooth non está dispoñible. Se o dispositivo está conectado ao sistema cun cable USB e vostede quere usar o audio por Bluetooth, en primeiro lugar, desconecte o cable. Se o dispositivo está conectado sen fíos, desactive a conexión sen fíos na pantalla de conexións do teléfono do sistema.

  • Apple CarPlay non é compatible coa busca de ficheiros mediante a roda TUNE situada no cadro de mandos do asento dianteiro.

  • Se Apple CarPlay non funciona correctamente despois da conexión, consulte as seguintes posibilidades.

    • Comprobe se a conexión de Apple CarPlay está bloqueada na configuración da aplicación de iPhone

    • Entre en Phone connections > Phone projection settings > Apple CarPlay e comprobe que o dispositivo está rexistrado correctamente.

  • Se Apple CarPlay non funciona correctamente despois da reconexión, consulte o sitio web de Apple. (http://www.apple.com/ios/carplay/).