Voice recognition
Que é o recoñecemento de voz?
A tecnoloxía de recoñecemento de voz opera o sistema segundo se lle ordene por voz para asistir no uso dos elementos multimedia mentres conduce. Lamentablemente, debido ás limitacións da tecnoloxía, non se recoñecen todas as ordes de voz. Para compensar estas limitacións, a pantalla mostra as ordes de voz dispoñibles.
Hai erros de comunicación entre as persoas. Do mesmo xeito, o sistema de recoñecemento de voz non entende a súa voz nalgunhas circunstancias. Se isto acontecese, comprobe na pantalla as opcións dispoñibles e repita a orde, ou selecciónea manualmente e prema o botón da orde correspondente na pantalla.
Funcións do recoñecemento de voz por idioma
A compatibilidade do recoñecemento de voz varía dependendo do idioma seleccionado no dispositivo.
Comprobe as características do idioma do dispositivo antes de usar o sistema de recoñecemento de voz.
-
Se cambia o idioma do dispositivo a eslovaco, esloveno, ucraíno, coreano ou húngaro, non poderá usar o recoñecemento de voz. Cambie o idioma do sistema a outro diferente.
-
As ordes de navegación non están dispoñibles en grego, portugués, polaco, sueco, turco, finés, noruegués, checo nin danés. Cambie o idioma do sistema a outro diferente.
Usar as ordes de voz
A maior parte das funcións pódense executar por voz. Siga as instrucións descritas a continuación para un mellor funcionamento do recoñecemento de voz.
-
Para mellorar o seu funcionamento, o interior do vehículo debe estar en silencio, coas xanelas subidas e o teito cuberto.
-
Prema o botón de recoñecemento de voz e pronuncie a orde tras escoitar o bip.
-
O micrófono está situado por riba do condutor. As ordes por voz deberán ser pronunciadas polo condutor nunha postura axeitada.
-
Pronuncie as ordes de xeito natural e claro, como se fosen parte dunha conversa normal.
-
Os caracteres especiais da axenda do teléfono non son recoñecibles. Por exemplo, Fran-Pena: “Fran Pena”
-
Os números dun enderezo ou os díxitos deben ser pronunciados individualmente. Por exemplo, S1234: “Sur un dous tres catro”
-
Dependendo das especificacións, hai ordes que poderían non recoñecerse.
-
Prema [k] no control remoto do volante.
-
Pronuncie a orde tras escoitar o bip.
-
Para un recoñecemento axeitado, pronuncie as ordes segundo as instrucións e tras o bip.
-
Ao iniciar o recoñecemento por voz, aparecerá na pantalla a ventá de entrada de ordes con catro ordes.
Se está a escoitar unha indicación recorrente, prema rapidamente o [k] no control remoto do volante. Rematará a indicación recorrente e escoitarase un bip. Tras o bip, pronuncie a orde por voz que desexe.
Mentres o sistema está a espera dunha orde, prema rapidamente o [k] no control remoto do volante. Soará o bip indicando que o sistema está esperando unha nova orde. Pronuncie unha orde.
-
Mentres o recoñecemento por voz estea operativo, manteña premido o [k] no control remoto do volante ou diga Exit.
-
Cando use o recoñecemento de voz, se preme calquera botón que non estea no control remoto do volante ou calquera botón diferente da unidade principal, ha finalizar o recoñecemento de voz.
Cando o recoñecemento de voz estea activo, vire a roda a/VOL cara arriba/abaixo no cadro de mandos do asento dianteiro ou vire a roda [K / L] cara arriba/abaixo no control remoto do volante.
-
Prema [k] no control remoto do volante. O sistema espera a súa orde e mostra unha listaxe de ordes dispoñibles na pantalla.
-
Tras escoitar un bip despois da guía por voz, diga FM.
Sobre a orde de voz Commands
-
Prema [k] no control remoto do volante.
-
Tras escoitar un bip despois da guía por voz, diga Commands. Aparecerán as ordes dispoñibles na pantalla.
Listaxe de ordes de voz
As ordes por recoñecemento de voz están divididas en “ordes globais” e “ordes locais”.
-
Ordes globais (●): son ordes que se poden utilizar inmediatamente despois de activar o recoñecemento de voz.
-
Ordes locais (□): son ordes que se poden usar en estados específicos do modo multimedia/navegación/Bluetooth.
Algunhas ordes globais e locais só funcionan correctamente se está conectado un dispositivo USB, Bluetooth ou doutro tipo.
-
Pode usar as ordes de voz relacionadas coas chamadas telefónicas despois de conectar o teléfono con Bluetooth.
-
Para chamar a unha persoa, por exemplo, Call <John Smith> cuxo nome está nos contactos, debe descargar primeiro os contactos do teléfono móbil. (Pódese descargar un máximo de 5 000 contactos do teléfono móbil).
-
Despois de descargar os contactos do teléfono con Bluetooth, é preciso algo de tempo para convertelos en datos de voz, polo que non poderá facer unha chamada indicando o nome de xeito inmediato. O tempo necesario para a conversión a datos de voz dependerá do número de contactos descargados.
Orde |
Operación |
|
● |
Call |
Os contactos descargados do teléfono móbil aparecen na pantalla e, a continuación, pode chamalos con só dicir o nome. |
● |
Call <John Smith> |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do teléfono móbil. Por exemplo: Call <John Smith> |
● |
Call <John Smith> on Mobile |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “móbil”. |
● |
Call <John Smith> in Office |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado comao“traballo”. Por exemplo: Call <John Smith> in Office |
● |
Call <John Smith> at Home |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “casa”. Por exemplo: Call <John Smith> at Home |
● |
Call <John Smith> on other number |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado nunha categoría que non sexa “móbil”, “casa” nin “traballo”. Por exemplo: Call <John Smith> on other number |
● |
Dial number |
Mostra a pantalla de marcado dos números, á que lle pode dicir o número de teléfono. |
● |
Dial <Phone #> |
Pode facer unha chamada dicindo directamente o número ao que quere chamar. Por exemplo: Dial <123-456-7890>: “marcar un dous tres catro cinco seis sete oito nove cero” |
Orde |
Operación |
|
● |
DAB/FM |
Reproduce a radio DAB (se tiver)/FM. |
● |
AM |
Reproduce a radio AM. |
● |
DAB/FM list |
Mostra a listaxe de emisoras de DAB (se tiver)/FM. |
● |
AM list |
Reproduce a lista de emisoras AM. |
Comprobe o seguinte antes de usar as ordes de navegación:
Busque e atope enderezos situados no estado ou provincia no que se localice o vehículo. Se quere buscar noutro estado, diga o nome do estado ou provincia e o enderezo en cuestión. A orde Search address está clasificada por Nation para ofrecerlle un servizo máis rápido.
Orde |
Operación |
|
● |
Show map |
Vai á posición actual do mapa de navegación. |
● |
Previous destinations |
Mostra unha listaxe de destinos recentes aos que volver indicando o número da listaxe. |
● |
Traffic information |
Accede á pantalla do menú de información do tráfico. |
● |
Go Home |
Marca como destino a súa casa. O enderezo da súa casa deberá estar gardado no sistema de navegación. |
● |
Go to Office |
Configura o destino da súa oficina/traballo. O enderezo da súa oficina/traballo deberá estar gardado no sistema de navegación. |
● |
Stop guidance |
Detén a guía pola ruta ao destino fixado. |
● |
Resume guidance |
Retoma a guía pola ruta ao destino fixado. |
● |
Destination Information |
Indica o tempo e a distancia restantes para chegar ao seu destino. |
● |
Route options |
Reinicia a ruta ata o seu destino. Deseguido, pode seleccionar “Recomendada” ou “Alternativa”. |
● |
Route overview |
Mostra un mapa da ruta completa ata o seu destino. |
● |
Change home |
Modifica a localización da casa. |
● |
Change office |
Cambia a localización do traballo. |
Orde |
Operación |
|
□ |
Yes / No |
Co recoñecemento de voz activo, esta orde serve para contestar unha pregunta que require confirmación. |
□ |
Line <1~4> |
Se non pode seleccionar un nome determinado, por exemplo, no historial de chamadas, pode usar o número da liña na que estea. Recoñécense números simples coma “un” ou “dous”. |
□ |
Next / Previous |
Se se enumeran cinco ou máis elementos na busca, pode avanzar á páxina anterior ou seguinte empregando unha orde de voz. |
□ |
Back |
Volve á pantalla anterior. |
● |
Exit |
Finaliza o recoñecemento de voz. |