Antes de crer que o produto non funciona correctamente
A posición mostrada no navegador pode que sexa diferente á posición real atendendo ás seguintes condicións. Os seguintes casos non son erros de funcionamento:
- Ao conducir en estradas con forma de Y con ángulos estreitos, a posición mostrada pode que estea na dirección contraria.
- Dentro das cidades, a posición mostrada pode que este na beira contraria ou nunha zona fóra da estrada.
- Ao mudar o nivel do zoom máximo a un nivel diferente, a posición mostrada pode que estea noutra estrada diferente.
- Se o vehículo está nun ferry ou nun vehículo de transporte de automóbiles, a posición pode quedar illada no último punto antes do embarque.
- Ao conducir por estradas en serpentina.
- Ao conducir por rexións montañosas, con xiros pronunciados ou cortes accidentados.
- Ao entrar nunha estrada tras atravesar un aparcadoiro subterráneo, un aparcadoiro cuberto ou unha estrada con moitos xiros.
- Ao conducir nunha zona de tráfico intenso con paradas e arranques constantes.
- Ao conducir en condicións esvaradías, con area pesada, neve, etc.
- Cando se lle mudaron os pneumáticos ao vehículo recentemente (especialmente tras o uso de rodas de reposto ou pneumáticos lambidos.)
- Ao usar pneumáticos de tamaño inadecuado.
- Cando a presión nos 4 pneumáticos é diferente.
- Cando a roda de reposto está usada ou lambida (en especial rodas lambidas dende hai xa unha tempada).
- Ao conducir preto de edificios altos.
- Ao lle instalar unha baca ao coche.
- Ao calcular unha ruta de longa distancia mentres se conduce nunha autoestrada; neses casos, a condución continuada permitiralle ao sistema realizar axuste do mapa ou actualizar información do GPS para proporcionar unha localización correcta. (Neses casos, o proceso pode levar varios minutos.)
Pode que non se proporcione unha guía da ruta axeitada debido ás condicións de procura ou á posición durante a condución. Os seguintes casos non son erros de funcionamento:
- Pode que se dea a indicación de continuar todo recto mentres se vai por unha estrada todo recto.
- Pode que non se dea unha indicación tras virar nunha intersección.
- Hai certas interseccións que non van acompañadas de indicación.
- Pode que se dea a indicación de facer un xiro en U nalgunhas interseccións que non permiten xiros en U.
- Pode que se dean indicacións de acceso a unha zona prohibida. (Zona de prohibido o paso, estradas en obras, etc.)
- Pode que se dean indicacións cara a un destino que non é o destino indicado se non existen estradas cara a ese destino ou se as estradas son moi estreitas.
- Pode que se dean indicacións por voz erradas se o vehículo se separa da ruta indicada (por exemplo, de se facer un xiro nunha intersección mentres a guía indica seguir todo recto).
Pode que se dean estas situacións tras facer un recálculo da ruta. Os seguintes casos non son erros de funcionamento:
- Pode que se dean indicacións cara a unha posición diferente da actual ao xirar nunha intersección.
- Ao conducir a alta velocidade, o recálculo pode precisar máis tempo do habitual.
- Pode que se dean indicacións de facer un xiro en U nalgunhas interseccións que non permiten xiros en U.
- Pode que se dean indicacións de acceso a zonas prohibidas. (Zona de prohibido o paso, estradas en obras, etc.)
- Pode que se dean indicacións cara a un destino separado do destino indicado se non existen estradas cara a ese destino ou se as estradas son moi estreitas.
- Pode que se dean indicacións por voz erradas se o vehículo se separa da ruta indicada (por exemplo, de se facer un xiro nunha intersección mentres a guía indica seguir todo recto).