Información xeral
Precaucións no uso do USB
Acende primeiro o motor antes de instalar un dispositivo USB. De acender o motor co dispositivo USB xa instalado, o dispositivo USB podería sufrir danos.
Non se ha reproducir os formatos que non sexan estándar.
- Un arquivo MP3/WMA só é compatible cun arquivo de música cun nivel de comprensión de 8 Kbps a 320 Kbps.
- Ten coidado coa electricidade estática ao conectar e desconectar un dispositivo USB externo.
- De se conectar un reprodutor MP3 encriptado a un dispositivo USB, non ha ser identificado.
- Pode que non recoñeza un dispositivo externo USB ao conectalo xa que ha depender das condicións do dispositivo USB externo.
- Compatible con FAT16, FAT32, ex FAT e NTFS.
- Debido á compatibilidade, hai algúns dispositivos USB que non han ser recoñecidos.
- Non toque co corpo ou cun obxecto a conexión USB.
- A conexión e desconexión rápida e repetida dun dispositivo USB pode provocarlle danos.
- Conecta e desconecta o dispositivo USB externo só co sistema de audio apagado.
- O tempo de identificación pode variar dependendo do tipo, capacidade e formato do arquivo almacenado sen ser un erro do produto.
- É posible que non se identifique o dispositivo USB ao usar cables de extensión ou dispositivos separados como USB HUB. Consecuentemente, úseo conectándoo directamente a un porto para un sistema de información ou entretemento.
- Pode que non se poida reproducir un arquivo relativo a un programa específico cargado no USB.
- Cando o dispositivo USB conectado non sexa identificado como discos extraíbles, tal e como acontece un reprodutor de MP3, ou teléfonos móbiles e cámaras dixitais, pode que non funcione correctamente.
- No caso dalgúns dispositivos, non será posible cargalos mediante a conexión USB.
- Non se garante ningún tipo de funcionamento agás para os produtos de memoria USB estándar (Tipo de cuberta metálica).
- Non se garante o funcionamento das memorias de tipo HDD, CF e SD.
- Non se reproducirán os arquivos con DRM (Digital Rights Management).
- Os lápices de memoria USB (tipos SD ou CF) de uso mediante inserción nun adaptador pode que non sexan identificadas.
Estándar de arquivos reproducibles
Estándares de audio reproducibles (USB)
- Tipos de arquivo reproducibles: “.mp3”, “.wma”, “.mka”, “.wav”, “.flac”, “.ogg”, “.ac3”, “.dts”, “.m4a”
- Tipos de codec reproducibles: “MPEG-1 layer I, II, III”, “AC-3”, “AAC”, “WMA”, “PCM (só WAV)”, “ADPCM (só WAV)”, “DTS”, “FLAC”
- Frecuencia de mostra: 8 - 48 KHz (MP3), 22,5 - 96 KHz (WMA), 8 - 192 KHz (PCM/WAV),
8 - 44 KHz (ADPCM/WAV), 32, 33,1, 48 KHz (AC-3), 8 – 192 KHz (AAC), 8 - 192 KHz (FLAC), 8 - 192 KHz (DTS) - Ratio de bit: 8 - 320 Kbps (MP3), 20 - 320 Kbps (WMA), 8 ~ 12.3Mbps (PCM/WAV), 8 ~ 352.8Kbps (ADPCM/WAV), 8 – 320Kbps (AC-3), 8 - 320 Kbps (AAC), 8~4.6Mbps (FLAC)
Estándares de vídeo reproducibles:
- Tipos de arquivo reproducibles: “.avi”, “.mpg”, “.mpeg”, “.mp4”, “.asf”, “.wmv", “mkv”
- Tipos de codec reproducibles: “MPEG-1”, “MPEG-2 simple profile – main level”,
“MPEG-2 main profile – low,main,high level”, “VC-1”,”AVC”,
”H.263 profile 0 ~ profile2”,”MPEG4 v2,v3” - Resolución de reprodución e ratio de marcos: (MPEG-1) en 1280 x 720 30fps, 720 x 480p 30fps/720 x 576p 25fps (H.263), 1920 x 1080 30fps (outros formatos Codec permitidos)
Estándares de subtítulos reproducibles:
- Tipos de arquivo reproducibles: “.smi”,”.srt”
- Linguas dos subtítulos reproducibles: Coreano, inglés, xaponés, chinés, etc
- Se o nome do arquivo de imaxes e o de subtítulos é diferente, é posible que non se mostren os subtítulos.