Opción Monitor de visión envolvente (SVM)
Sobre o SVM
- O SVM é unha opción que se lle proporciona os clientes que a seleccionen.
- Co vehículo acendido, de se meter a marcha R, actívase automaticamente o SVM.
- De se cambiar a marcha, de R a P, o SVM apágase.
Funcionamento do SVM frontal
Tras acender o vehículo, se premes o botón Parking/View tras meter a marcha N ou D, actívase o SVM.
|
1
(Visión superior frontal)
Mostra a visión superior da pantalla frontal do vehículo aumentada.
2
(Visión frontal amplia)
Só se mostra a pantalla frontal do vehículo.
3
(Visión frontal lateral)
Mostra a pantalla frontal esquerda/dereita do vehículo simultaneamente.
4
(Visión posterior durante a condución)
Mostra a pantalla posterior do vehículo e a vista superior.
5
(Visión envolvente 3D)
Mostra unha pantalla 3D arredor do vehículo.
6
Ir ao menú dos axustes da cámara.
7Pantalla frontal
Mostra a vista frontal.
8 Vista superior
Mostra unha imaxe combinada de cada dirección (esquerda, dereita, frontal, posterior) da cámara lateral do espello.
,Nota |
O SVM deixará de funcionar se conduces a máis de 15km/h. A partir dese momento, se conduces a menos de 15km/h o SVM seguirá desconectado. |
Funcionamento do SVM posterior
Tras acender o vehículo, en metendo a marcha R, activarase o SVM.
|
1
(Vista superior da parte posterior)
Mostra a vista superior da parte posterior aumentada na pantalla.
2
(Visión posterior larga)
Mostra só a pantalla posterior do vehículo.
3
(Visión posterior lateral)
Mostra simultaneamente as partes esquerda e dereita posterior do vehículo.
4
(Visión posterior durante a condución)
Mostra a pantalla posterior do vehículo e a vista superior.
5
(Visión envolvente 3D)
Mostra unha pantalla 3D arredor do vehículo.
6
Acceso ao menú dos axuste da cámara.
7Pantalla posterior
Mostra unha vista posterior.
8 Visión superior
Mostra unha imaxe combinada de cada dirección (esquerda, dereita, frontal, posterior) da cámara lateral do espello.
,Nota |
O SVM dispón dunha lente óptica que asegura unha visión larga para que non haxa tanta diferenza entre a distancia real e a mostrada na pantalla. Por seguridade, comproba ti a parte posterior e os laterais á esquerda/dereita. |
Uso da visión posterior durante a condución
Tras acender o vehículo, de conducires a máis de 15 km/h e premer o botón Parking/View, activarase a visión posterior durante a condución.
|
1
(Visión posterior larga durante a condución)
Mostra só a visión posterior larga do vehículo.
2
(Visión posterior larga durante a condución)
Mostra una imaxe da parte posterior do vehículo na pantalla esquerda e unha imaxe combinada de cada dirección (esquerda, dereita, frontal, posterior) da cámara lateral do espello.
Axustes da cámara
- Se premes [
] acedes ás pantallas de axustes da cámara.
|
- Preme no elemento desexado.
- [Display contents]: configura as liñas de referencia da vista superior, as liñas de referencia da vista traseira e a advertencia de distancia de estacionamento.
Sinais de advertencia
|
Indicador de apertura da porta do condutor
Se está aberta a porta do condutor, “” (color vermello na porta esquerda) aparecerá o indicador na parte superior esquerda da pantalla.
Indicador de apertura da porta do acompañante
Se está aberta a porta do acompañante, “” (color vermello na porta dereita) aparecerá o indicador na parte superior esquerda da pantalla.
Indicador de apertura do portón traseiro
Cando se abra o portón traseiro, mostrarase o indicador “” (cor vermella no portón traseiro) na parte superior esquerda da pantalla.
Indicador de recollida do espello lateral
Se o espello lateral está recollido, “” (espello lateral) aparecerá o indicador na parte superior esquerda da pantalla.