GENESIS CONNECTED SERVICES

Servizos conectados de Genesis

A función de servizos conectados de Genesis está dispoñible nos vehículos adquiridos na UE. Esta función non ten relación co modelo do vehículo.

Antes de usar os servizos conectados de Genesis

Que son os servizos conectados de Genesis?

É un servizo telemático baseado no noso sistema punteiro de tecnoloxías da información que fai que a súa condución sexa máis apropiada e divertida ao dotala de características de seguridade, diagnóstico do vehículo, control remoto e incluso funcións de sincronización con teléfonos intelixentes.

Goza dunha condución máis intelixente cos servizos conectados de Genesis.

Que e telemático?

Telemático é un termo formado da combinación entre telecomunicación e informática. Fai referencia a un sistema de información que proporciona unha variedade de datos informativos relativos á condución mediante o terminal instalado que analiza cada síntoma e cada estado da condución. Proporciona unha condución máis cómoda e moito máis segura.

Sobre a transmisión e recepción de ondas de radio

A conexión co centro dos servizos conectados de Genesis ou a transmisión de datos sen fío pode sufrir interrupcións en certos lugares.

Para o estado de recepción/transmisión de ondas de radio, consulta o estado que mostra a pantalla de servizos conectados de Genesis.

Recomendamos o uso dos servizos conectados de Genesis cando a icona da antena (3_GCS_ICON_ANTENNA.png) mostre catro ou máis barras.

Lugares nos que a transmisión/recepción dos servizos conectados de Genesis se pode ver interrompida:

Iniciación ao uso dos servizos conectados de Genesis

Usa os servizos conectados de Genesis tales coma o tempo meteorolóxico, calendario, diagnóstico do vehículo e outros axustes.

Pódense usar os servizos conectados de Genesis tras activares o servizo. Pode que se cargue unha tarifa adicional polo uso dos servizos conectados de Genesis, dependendo do plan de servizo que teñas.

  1. Preme [Connected service] na pantalla de inicio.

03_CS_00_MAIN.jpg

  1. Selecciona un elemento.

Tempo meteorolóxico

Só dispoñible cando o vehículo estea en funcionamento.

Proporciona en tempo real a información meteorolóxica do lugar de localización actual do vehículo e do destino. O usuario pode ver a información de hoxe ou dos vindeiros tres días.

Comprobación do tempo actual

Proporciona información meteorolóxica en vivo na pantalla.

Preme [Connected services] > [Weather] na pantalla de inicio.

3_GCS_01_WEATHER_1_TODAY.jpeg

Comprobación do prognóstico diario

Proporciona información en tempo real para hoxe/mañá/pasadomañá.

Preme [Connected services] > [Weather] > [Forecast] na pantalla de inicio.

3_GCS_01_WEATHER_2_FORECAST.jpeg

Calendario

Só dispoñible cando o vehículo estea en funcionamento.

Mediante a aplicación para teléfonos intelixentes de conexión de Genesis, lígase cos calendarios (Google, iCloud) que o usuario empregue primeiro.

Preme [Connected services] > [Calendar] na pantalla de inicio.

3_GCS_02_CALENDER.jpeg

Procura no destino

Se hai información do lugar no que se desenvolverá unha cita na pantalla, procúrase información de navegación sobre o lugar cando o usuario preme no botón de destino.

3_GCS_02_CALENDER_1_DEST.jpeg

Notificación dun evento

Proporciónase unha notificación despregable sobre un evento preseleccionado nos axustes temporais.

3_GCS_02_CALENDER_2_NOTIFICATION.jpeg

Posta en común de eventos e localizacións no calendario

Ao axustar un destino e dirixirse ao mesmo, de se proporcionar unha hora de chegada que sexa posterior á cita gardada, unha guía indicará que probablemente se chegue tarde.

3_GCS_02_CALENDER_3_SHARE.jpeg

Sports

fornece os resultados e información sobre eventos deportivos nacionais en tempo real.

Os resultados de onte fornécense antes de mediodía, despois mostrarase a información sobre os partidos programados para o día actual.

Preme [Connected services] > [Sports] na pantalla de inicio.

3_GCS_03_SPORTS_1_MAIN.jpeg

Diagnóstico do vehículo

Diagnóstico do vehículo (diagnóstico manual)

Cancelaranse os diagnósticos do vehículo se cambias a pantalla durante o diagnóstico.

Para recibir os resultados detallados, terás que primeiro rexistrarte nos Servizos conectados de Genesis.

Preme [Connected services] > [Vehicle diagnostics] na pantalla de inicio.

3_GCS_03_DIAGNOSTICS_1_MANUAL.jpeg

Diagnóstico do vehículo (diagnóstico automático)

O diagnóstico do vehículo (diagnóstico automático) proporciona un diagnóstico automático do vehículo cando se acenda unha lámpada de advertencia no cadro de mandos e presenta os detalles do problema na pantalla do condutor.

3_GCS_03_DIAGNOSTICS_2_AUTO.jpeg

,Nota

Se o diagnóstico do vehículo (diagnóstico automático) non deu resultado ningún, realizarase de novo o diagnóstico cando volvas acender o vehículo.

Axustes dos Servizos conectados de Genesis

Activación do servizo (se o servizo non estiver aínda activado)

Tras adquirir o seu vehículo, deberá activar (rexistrarse para) os Servizos conectados de Genesis para poder usalos, incluída a previsión meteorolóxica, o calendario e o diagnóstico do vehículo.

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Activate connected services] na pantalla de inicio.
  2. Preme [Activate].

9_SETUP_04_GCS_1_ACTIVATE.jpg

,Nota

  • A activación poder durar uns cinco minutos.
  • Non apagues o motor mentres se realiza a activación.
  • Se a activación fallase, ponte en contacto co seu servizo técnico ou cun distribuidor autorizado de Genesis.
  • Durante a activación do servizo, as teclas principais da unidade principal non funcionan.

Activación do servizo (cando caduca o servizo)

Se caducou o período de proba gratuíto dos Servizos conectados de Genesis, as súas características (calendario e diagnóstico do vehículo) non estarán dispoñibles. Para activar os servizos de conexión, ponte en contacto co seu servizo técnico ou cun distribuidor autorizado de Genesis para que te asista.

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Activate connected services] na pantalla de inicio.
  2. Preme [Activate].

Información do módem

Esta característica úsase para mostrar a información do módem IMEI.

Preme [Connected service] > [Connected services settings] > [Modem information] na pantalla de inicio.

9_SETUP_04_GCS_2_MODEM.jpeg

Verification code

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Verification code] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a “Axustes de servizos conectados de Genesis”.

Connected Services activation help

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Connected Services activation help] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a "Axustes de servizos conectados de Genesis".

Modo sen conexión

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Offline mode] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a “Axustes de servizos conectados de Genesis”.

Terms of use

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Terms of use] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a “Axustes de servizos conectados de Genesis”.

Privacy notice

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Privacy notice] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a “Axustes de servizos conectados de Genesis”.

Deactivate Connected Services

  1. Preme [Connected services] > [Connected services settings] > [Deactivate Connected Services] na pantalla de inicio.
  2. Para máis informacións vai a “Axustes de servizos conectados de Genesis”.