Asistencia á condución
- Preme [Driver assistance] na pantalla de axustes do vehículo.
|
- Preme no elemento desexado.
SCC (Smart Cruise Control)
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema smart cruise control (SCC: control intelixente de desprazamento).
- [Link to drive mode]: velocidade de aceleración e resposta do SCC segundo o modo de condución actual.
- [Based on Driving Style]: velocidade de aceleración e resposta do SCC segundo os datos recompilados do estilo de condución.
- [View Driving Style Analysis]: análise do estilo de condución por parte do sistema, segundo os datos recompilados. Estes valores pódense modificar manualmente.
Conveniencia da condución
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema de asistencia á condución.
- [HDA (Motorway Driving Assist)]: asistencia de condución en autoestradas de conformidade coa velocidade establecida e mantendo o vehículo no centro do carril.
- [Lane change assist (motorway)]: asistencia para cambiar de carril nas autoestradas. O vehículo cambia de carril automaticamente cando o condutor activa o intermitente.
- [Motorway Auto Speed Change]: axuste automático de velocidade nas autoestradas segundo os datos de navegación.
Limitador de velocidade
Podes axustar as propiedades do sistema limitador da velocidade.
- [Speed limit assist]: axuste da velocidade do vehículo ao límite de velocidade actual da estrada.
- [Speed limit warning]: mostra o límite de velocidade actual da estrada.
- [Off]: desactiva a función do límite de velocidade.
Cronómetro de advertencia
Tempo para advertir o condutor. Selecciona [Normal]/[Later].
Volume da advertencia
Volume do son de advertencia dos sistemas de asistencia á condución. Selecciona [High]/[Medium]/[Low]/[Off].
Advertencia háptica
A intensidade da vibración de advertencia do volante. Selecciona [Strong]/[Medium]/[Light]/[Off].
DAW (Driver Attention Warning)
Podes escoller se usar os axustes polo miúdo do sistema de advertencia de atención á condución.
- [Leading vehicle departure alert]: notifica ao condutor cando o vehículo precedente se afasta.
- [Forward attention warning]: envíase unha advertencia cando a mirada do condutor non está posta na estrada.
- [Swaying warning]: emítese unha advertencia cando o condutor se mostra pouco atento e recomenda facer unha parada para descansar, no caso de que fose necesario.
Seguridade frontal
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema de seguridade frontal.
- [Forward cross-traffic safety]: asistencia e advertencia cando se detecta un risco de colisión por tráfico cruzado.
- [Active assist]: emítese unha advertencia e colle o control do vehículo cando se detecta un risco de colisión frontal.
- [Warning only]: emítese unha advertencia cando se detecta un risco de colisión frontal.
- [Off]: desactiva as funcións de seguridade frontal.
Seguridade no carril
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema de seguridade do carril.
- [Assist]: axusta automaticamente o volante para manter centrado o vehículo no carril.
- [Warning only]: emítese unha advertencia cando o vehículo cambia de carril sen activar o intermitente.
- [Off]: desactiva as funcións de seguridade no carril.
Seguridade ante ángulos mortos
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema de seguridade ante ángulos mortos.
- [Blind-Spot View (Se houbese)]: Mostra a visión de ángulos mortos no grupo ao cambiar de carril usando o intermitente.
- [SEA (Safe Exit Assist)]: emítese unha advertencia e desactívase o desbloqueo de portas ao detectar tráfico no ángulo morto.
- [SEW (Safe Exit Warning)]: emítese unha advertencia ao detectar tráfico no ángulo morto.
Seguridade ao aparcar
Podes escoller se usas os axustes polo miúdo do sistema de seguridade ao aparcar.
- [Surround view monitor auto On (Se houbese)]: Activa automaticamente o monitor de visión envolvente cando a advertencia de proximidade ao aparcar estea activada.
- [Camera Settings]: Acceso á pantalla dos axuste da cámara.
- [Auto PDW (Parking Distance Warning)]: activación automática da PDW (advertencia de distancia de estacionamento) a velocidades baixas.
- [Active rear assist]: emítese unha advertencia e colle o control do vehículo cando se detecta un risco de colisión ao circular marcha atrás.
- [Rear warning only]: emítese unha advertencia cando se detecta un risco de colisión ao circular marcha atrás.
- [Off]: desactiva as funcións de seguridade de estacionamento.
- [Rear cross-traffic safety]: emítese unha advertencia cando se detecta un risco de colisión por tráfico cruzado ao circular marcha atrás.